Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CURSOS PREPARATORIO DO EXAME CODIX E DE XESTIÓN DE RECURSOS HUMÁNS
A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, indicou que as inscricións deben tramitarse a través da plataforma Cemit
Narón, 1 de setembro de 2021. A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou a apertura do prazo para inscribirse en dous cursos do programa Cemit, un Preparatorio do exame Codix e outro de Xestión de Recursos Humáns. A edil naronesa indicou que se trata de dúas accións formativas dirixidas a persoas maiores de 16 anos e que para inscribirse hai que facelo a través da plataforma Cemit da Xunta de Galicia: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial?concello=15507. “Iniciamos as actividades do programa Cemit con estes dous cursos, se ben se convocarán máis ao longo do que queda deste ano”, apuntou Hermida. O Curso preparatorio do exame Codix terá unha duración total de 180 horas e impartirase do 13 de setembro ao 17 de novembro, de 9.30 a 13.30 horas, mentres que o de Xestión de RRHH ten un total de 116 horas e levarase a cabo do 13 de setembro ao 22 de outubro, en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas. Son dous cursos presenciais que se impartirán na Aula Cemit de Xuvia de luns a venres. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición e a Aula Cemit permanecerá aberta do 7 ao 10 de setembro, entre as 11.30 e as 13.30 horas para atender a todas as persoas que precisen axuda na inscrición destes cursos. As persoas que desexen recibir máis información poden chamar ao teléfono 981 337 700 (extensión 1123).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal