Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PARQUE DO RÍO FREIXEIRO ACOLLERÁ O VINDEIRO SÁBADO OS ESPECTÁCULOS PROGRAMADOS PARA A "FESTA DO APEGO"
A edil de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que se desenvolverán tres espectáculos, dous deles con dobre pase, en horario de mañá e tarde
Narón, 16 de setembro de 2021. O parque do Río Freixeiro será o escenario o sábado, día 18, dos tres espectáculos programados polo Concello con motivo da celebración da “Festa do Apego”. Esta cita, tal e como recordou a edil de Ensino, Mercedes Taibo, diríxese a menores de 0 a 6 anos e ás súas familias e ofrece unha serie de propostas, todas elas de balde, que se desenvolverán en horario de mañá e tarde. A primeira das citas é o espectáculo “Arrolos”, de Mamá Cabra, con dous pases, o primeiro a partir das 12.00 e o segundo ás 17.00 horas. Gloria Mosquera e Diego Maceiras protagonizarán un obradoiro no que interpretarán algúns arrolos para adormecer, aleitar e gozar coa música nos primeiros días e meses de vida das nenas e nenos. Ao mediodía e pola tarde continuará a Festa do Apego co espectáculo “Arrieira”, de Xarope Tulú. Os pases programados serán ás 13.00 e ás 18.00 horas e durante os mesmos unha narradora e un músico farán viaxar aos asistentes a través do conto tradicional, poñendo de manifesto a importancia do camiño como aprendizaxe e punto de encontro das persoas que o atravesan. A última das propostas desta convocatoria dará comezo ás 19.00 horas e será o espectáculo “Rockeando con Ramona Órbita”, de Pakolas. Pechará o programa este concerto no que se escoitará a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas e unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, máis ecolóxico e con enerxías limpas. Dende o Concello anímase ás familias a participar deste evento, para compartir experiencias e desfrutar dunha xornada de lecer.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal