Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AFAL RETOMOU OS "OBRADOIROS DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA" QUE IMPARTE NO LOCAL SOCIAL DE PIÑEIROS
A edil de Benestar Social, Catalina García, desprazouse á sede da asociación con motivo da reanudación do obradoiro
Narón, 17 de setembro de 2021. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, desprazouse esta semana á sede da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAL), no local social de Piñeiros, con motivo do reinicio dos obradoiros impulsados dende a entidade. Os obradoiros de estimulación cognitiva, aos que acoden usuarias e usuarios de AFAL retomáronse nas citadas instalacións con todas as medidas sanitarias e desenvólvense de novo os luns e mércores de 11.00 a 13.00 horas. García destacou o traballo que realiza AFAL co colectivo de persoas con alzheimer e tamén coas súas familias e incidiu na importancia de que no caso deste obradoiro, trátase dunha actividade “aberta a todas as veciñas e veciños da cidade afectados por esta enfermidade”. A concelleira naronesa interesouse ante os responsables da asociación e algunhas usuarias alí presentes sobre o traballo que realizarán nos vindeiros meses e animou tamén ás persoas interesadas en recibir información sobre o mesmo a dirixirse ao local social de Piñeiros. “É moi importante poder ofrecer ás familias asesoramento, apoio e tamén formación para que as persoas que o precisen dispoñan dun completo servizo, como o que presta AFAL, entidade coa que continuaremos colaborando dende o Concello”, recalcou García.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal