Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIU O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS DO PROXECTO "ABRINDO CAMIÑOS"
A edil de Benestar Social, Catalina García, anunciou a apertura do prazo destes obradoiros, dirixidos a alumnado de centros educativos de Narón cursando ESO ou FPBI derivados do Servizo Sociocomunitario
Narón, 19 de setembro de 2021. O Concello abriu o luns 20 de setembro o prazo de inscrición nos obradoiros do proxecto “Abrindo camiños”, sobre acción socioeducativa con menores en situación de vulnerabilidade social. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, indicou que esta iniciativa se dirixe a alumnado de centros educativos de Narón cursando ESO ou FPBI derivados do Servizo Sociocomunitario Municipal. A edil avanzou que se ofertan un total de 24 prazas e que cada un dos grupos acudirá ás sesións, na Casa da Mocidade, un día á semana durante dúas horas. Os grupos serán os mércores de 18.00 a 20.00, os venres de 16.00 a 18.00 e os venres de 18.00 a 20.00 horas. “Trátase dunha proposta de balde na que se abordan contidos como o apoio escolar, a activación saudable, actividades de lecer e tempo libre, educación en habilidades sociais, apoio, orientación e intervención familiar”, explicou García. Así mesmo, recalcou que o obxectivo deste programa é “satisfacer as carencias básicas e potenciar as capacidades dos participantes para lograr a súa plena inserción social, desenvolvemento e integración, ao tempo que fomentar entre eles hábitos saudables cos que mellorar a súa autoestima, as relacións coas súas familias e a súa calidade de vida en xeral”. Os obradoiros desenvolveranse dende o vindeiro mes de outubro ata decembro deste ano. As persoas interesadas en inscribirse deben presentar as solicitudes –ata esgotar prazas- no Rexistro municipal, na Sede Electrónica ou por calquera dos restantes lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, utilizando o formulario dispoñible na Sede Electrónica do Concello de Narón. As persoas interesadas en recibir máis información poden contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, chamando ao teléfono 981 337 700 (extensións: 1111, 1108 e 1109).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal