Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLE MAÑÁ A PROXECCIÓN DE "SEMPRE XONXA", PRIMEIRA PELÍCULA DO CICLO DE CINE EN GALEGO
O Padroado da Cultura de Narón organiza esta convocatoria, de balde e que se desenvolverá este mes e en outubro, en colaboración co Cineclube Serie B
Narón, 22 de setembro de 2021. O Ciclo de cine en galego organizado polo Padroado da Cultura do Concello de Narón e o Cineclube Serie B comeza mañá no Pazo da Cultura. A primeira das proxeccións será a da película “Sempre Xonxa” (1989), dirixida por Chano Piñeiro, a partir das 20.00 horas e con entrada de balde, podendo retirarse no despacho de billetes do Pazo. “Sempre Xonxa” foi a primeira película galega rodada en 35 milímetros e aborda o tema das consecuencias emocionais da emigración. Unha muller, Xonxa, e dous homes, Pancho e Birutas, son os protagonistas desta historia na que o espectador coñecerá a súa relación dende a infancia, nunha aldea galega, ata a madurez. O Ciclo de cine en galego inclúe a proxección doutras tres películas: o vindeiro 30 de setembro poderase ver “A illa das mentiras” (2020), dirixida por Paula Cons e galardoada con cinco premios Mestre Mateo, incluído o de Mellor dirección; o 7 de outubro proxectarase “Dhogs” (2017), dirixida por Andrés Goteira, e que foi a película máis premiada dos premios Mestre Mateo, con trece galardóns e, finalmente, o 14 de outubro poderase ver “Eroski Paraíso” (2019), dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron, galardoada nos Mestre Mateo nas categorías de mellor protagonista feminino e masculino. A convocatoria deste Ciclo de cine galego é unha aposta do Concello por poñer en valor o traballo que se está realizando en Galicia na sétima arte, con recoñecidos profesionais e incomparables localizacións. A Federación de Cineclubes de Galicia (Feciga), o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) e a Xunta de Galicia colaboran tamén nesta iniciativa.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal