Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
USUARIAS E USUARIOS DE ASFEDRO DA CIDADE PODERÁN PARTICIPAR NUNHA ENQUISA CO FIN DE DESEÑAR FUTURAS ACCIÓNS PREVENTIVAS E ASISTENCIAIS
O edil de Sanidade, Santiago Galego, indicou que a enquisa ten carácter voluntario e que se enmarca nas iniciativas conveniadas coa entidade
Narón, 23 de setembro de 2021. A Asociación Ferrolana de Drogodependencias (Asfedro) realizará este mes unha enquisa entre usuarias e usuarios da entidade empadroados en Narón co fin de obter información relevante que facilite accións futuras preventivas e asistenciais. Así o indicou o concelleiro de Sanidade, Santiago Galego, que explicou que se trata dunha enquisa de carácter anónimo e voluntario, polo que os profesionais que interveñen nas terapias informarán ás persoas sobre a iniciativa para que contesten ás preguntas no caso de que queiran colaborar. Esta iniciativa forma parte das diferentes actividades que Asfedro leva a cabo na cidade no marco do convenio asinado co Concello en materia de acción social, coordinadas a través do Servizo Sociocomunitario Municipal. Así mesmo, a través deste acordo impúlsanse actividades de sensibilización coa mocidade a través dos centros de ensino da cidade e ofrécese información e asesoramento sobre a prevención de condutas adictivas. A maiores, tamén se realizan obradoiros de habilidades sociais co alumnado de ESO de Narón, impártense módulos específicos sobre prevención de condutas adictivas nas Escolas de Familias municipais e tamén se realiza a campaña de sensibilización sobre uso de teléfonos móbiles “Fóra de onda”, para alumnado de cuarto curso de ESO de centros de ensino da cidade, tal e como recordou Galego.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal