A iniciativa ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das coidadoras familiares, especialmente mulleres que realizan estas tarefas dun xeito non profesional
Narón, 24 de setembro de 2021. O prazo de inscrición no obradoiro “Cuidadanas”, do Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural que se leva a cabo dende o Concello en colaboración coa Fundación Mujeres e a Deputación da Coruña ampliouse ata o vindeiro 30 de setembro, tal e como anunciaron as edís de Igualdade, Mar Gómez, e Benestar Social, Catalina García. As persoas interesadas en participar deben anotarse chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1108 e 1109).
O curso impartirase os xoves, do 23 de setembro ao 25 de novembro de 10.30 a 12.30 horas no Centro Comunitario das Vivendas da Mariña (rúa San Vicente, 1). Entre os contidos que se abordarán nas sesións están: Saúde e autocoidado, Quen coida de min; Xestión do tempo, O teu tempo, o teu lecer; Escoita activa, Se me escoito, escóitote; Dixitalizadas, Manexando o móbil e Prevención do acoso na rúa forman parte dos contidos a abordar nas diferentes sesións.
As edís naronesas recordaron que o obradoiro “Cuidadanas” aposta por mellorar a calidade de vida das coidadoras familiares, dirixíndose especificamente a mulleres que de xeito non profesional coidan ou coidaron a persoas en situación de dependencia.