Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CORTES DE TRÁFICO INTERMITENTES E SUPRESIÓN TEMPORAL DE PRAZAS DE ESTACIONAMENTO NA ESTRADA DE CEDEIRA MAÑÁ E O VENRES
O edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, explicou que as restricións se levarán a cabo para realizar reparacións no firme do vial
Narón, 29 de setembro de 2021. O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, informou que dende mañá ás 22.00 horas e ata o venres ás 10.00 horas se rexistrarán cortes de tráfico intermitentes e suprimiranse temporalmente as prazas de estacionamento na estrada de Cedeira. A medida afectará a todo o vial dende a confluencia coa estrada de Castela ata o límite co veciño concello de Valdoviño. O edil explicou que as restricións a aplicar son para que a Xunta de Galicia acometa as obras comprometidas no firme do citado vial, que se levarán a cabo na franxa horaria indicada, tal e como se trasladou ao Consistorio naronés.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal