Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
SETENTA IMAXES OPTAN AOS PREMIOS DA XII EDICIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CIDADE DE NARÓN
O xurado, formado por profesionais da fotografía de empresas e/ou medios de comunicación do entorno naronés, e unha persoa representante do Concello, emitirá o fallo o vindeiro 4 de outubro
Narón, 01 de outubro de 2021. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, anunciou que o xurado do “XII Concurso de Fotografía Cidade de Narón” valorará este ano un total de 70 imaxes. O certame, organizado polo Concello reuniu a unha maioría de participantes do concello de Narón, aínda que tamén participaron persoas dos concellos de Ferrol, Fene, San Sadurniño, Valdoviño e Neda. A edil naronesa avanzou que o xurado se reunirá o vindeiro luns, día 4 de outubro, para emitir o fallo tras valorar as imaxes, presentadas todas elas baixo pseudónimo. As persoas que integran o xurado da XII Edición do Concurso de Fotografía Cidade de Narón son: Carlos Carballeira Permuy, fotógrafo profesional en Carlos&María Fotógrafos. Marisa Rivas Fernández, fotógrafa profesional en Marisa Rivas Fotografía. Daniel López Montero, fotógrafo profesional Mandeo Records. María Lorena Romero Carballo, responsable do Gabinete de Comunicación do Concello de Narón. A imaxe que obteña a mellor puntuación da suma dos criterios establecidos nas bases do concurso obterá un premio en metálico de 750 euros, se ben a segunda e terceira mellor clasificadas obterán 300 e 150 euros, respectivamente. A concelleira de Turismo agradeceu a participación un ano máis de veciñas e veciños de Narón e tamén doutros concellos neste certame “a través do que queda constancia dalgúns espazos, actividades e patrimonio do noso concello, que ten moito que ofrecer á veciñanza e visitantes”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal