Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ACUDIU ESTA MAÑÁ AOS ACTOS CONMEMORATIVOS DO DÍA DA POLICÍA
Marián Ferreiro asistiu acompañada polo edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, e o xefe da Policía Local, Eduardo Pita
Narón, 4 de outubro de 2021. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asistiu esta mañá aos actos conmemorativos do Día da Policía celebrados no veciño municipio de Ferrol, presididos pola subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas e nos que participou o Comisario xefe da Comisaría de Ferrol-Narón, Carlos Soria. A rexedora local acudiu acompañada polo concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, e o xefe da Policía Local, Eduardo Pita. O evento tivo lugar ás 10.45 horas, momento no que se levou a cabo un acto institucional no Centro Cultural Torrente Ballester no que se impuxeron condecoracións a oito axentes –dous inspectores, un oficial e cinco policías- da Comisaría Nacional de Policía de Ferrol-Narón, aos que se entregou a Medalla ao Mérito Policial. A continuación, no acto tamén se homenaxeou aos axentes caídos en acto de servizo e ás persoas falecidas pola pandemia da covid-19. Finalmente, celebrouse unha misa na Concatedral de San Julián. Ferreiro trasladou aos axentes da Policía Local de Narón o recoñecemento feito público hoxe por Rivas durante o acto pola súa dedicación e lealdade durante a crise sanitaria, un recoñecemento compartido co Concello tanto co corpo da Policía Local como con todas aquelas persoas que como voluntarios, particulares ou en representación doutros servizos xa se trasladou tamén no seu día dende do Consistorio.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal