Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ANUNCIA A LICITACIÓN DOS APARCAMENTOS DE PROXIMIDADE DA GÁNDARA E PIÑEIROS
Marián Ferreiro indicou que o importe conxunto que destinará o Concello a habilitar estes espazos ascende a uns 216.000 euros
Narón, 5 de outubro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, anunciou que o Concello ten en proceso de licitación a construción dos aparcamentos de proximidade da Gándara e Piñeiros, con máis de 150 prazas. Ferreiro indicou que se trata de “dúas actuacións moi necesarias e que complementarán na zona urbana ás xa operativas na Solaina, O Ponto e Xuvia” e recordou que o orzamento de licitación é de 215.973 euros. As empresas interesadas en presentar as súas ofertas poden facelo ata o día 22 deste mes, dispoñendo de toda a información na Plataforma de Contratación do Sector Público de Galicia. O aparcadoiro de proximidade da Gándara licítase por un importe de 97.227 euros. “Este espazo habilitarase na zona coñecida como Catro Camiños, nas proximidades do colexio, a escola infantil municipal, a Casa e o pavillón da Mocidade e tamén moi preto da piscina, do pavillón polideportivo municipal e da Praza da Gándara”, explicou a rexedora local. En canto á superficie sobre a que se actuará, apuntou que é unha parcela para a que o Concello chegou a un acordo de uso cos propietarios, e que ten unha superficie duns 4.000 metros cadrados, con acceso dende a rúa Bispo Argaya e a travesía do Colmeote. No caso do aparcadoiro de Piñeiros, ubicarase na zona do Cadaval, próxima ao campo de fútbol, unha escola infantil municipal… e suporá ás arcas municipais un investimento de 118.745 euros. O Concello adquiriu unha parcela lindeira entre a avenida Miguel de Cervantes e o campo de fútbol do Cadaval. A superficie que se habilitará para estacionamento é duns 2.100 metros cadrados. “Dende o goberno local continuamos apostando pola humanización dos barrios, unhas tarefas que teñen que vir acompañadas de medidas como a construción de prazas de estacionamento de proximidade, nas que as veciñas e veciños das zonas máis poboadas ou con maior afluencia de tráfico non teñan dificultades á hora de aparcar”, subliñou a alcaldesa. Unha vez que se adxudiquen os contratos a previsión e que se executen as obras de xeito simultáneo, dispoñendo as empresas dun prazo de catro meses para telos operativos, tal e como se recolle no prego.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal