Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CO PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DO COUTO
Marián Ferreiro e Ramón Francisco Couto asinaron o acordo que permitirá continuar desenvolvendo conxuntamente diversas actividades culturais
Narón, 7 de outubro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o presidente da Asociación de Veciños do Couto, Ramón Francisco Couto, asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre o Concello e a entidade nun acto no que tamén estivo presente o concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo. A achega económica que recibirá a asociación é de 5.500 euros, contía a través da que se desenvolverán actividades de ámbito cultural. O presidente da AVV do Couto agradeceu a aportación do Concello e destacou a colaboración entre as partes para levar a cabo actividades vencelladas coa cultura, como o entroido, teatro, actuacións corais, o ciclo Tempo de Música… A alcaldesa destacou o traballo que realiza ao longo do ano a AVV do Couto, “co fin de implicar ás veciñas e veciños en propostas dirixidas a persoas de diferentes idades e que manteñen vivas as nosas tradicións e a nosa cultura”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal