Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ ESTE DOMINGO A REPRESENTACIÓN DA COMEDIA MUSICAL "ELISA E MARCELA"
As entradas aínda dispoñibles ata completar aforo poden recollerse, de balde, na billeteira do Pazo da Cultura
Narón, 8 de outubro de 2021. O Pazo acollerá este domingo, ás 19.00 horas, a comedia musical “Elisa e Marcela”, unha proposta cultural impulsada a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco do programa FalaRedes, da Rede de Dinamización Lingüística, á que está adherido o Concello de Narón, e con cargo ao Fondo Europeo Xacobeo 21-22. Elisa e Marcela foron dúas mestras galegas que se casaron na igrexa parroquial de San Xurxo (Ferrol) no ano 1901, unha delas vestida de home. Foi o segundo matrimonio do que se ten constancia entre persoas dun mismo sexo, considerándose o precedente do matrimonio homosexual en España. As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrucción irreverente dun suceso real, unha comedia musical onde o verídico parece invento e non exenta de persecucións policiais, fuxidas, cambios de identidade e información manipulada. As persoas interesadas en asistir poderán recoller as entradas, de balde, ata completar o aforo, na billeteira do Pazo. Entregaranse un máximo de dúas por persoa, de 9.30 a 14.00 e de 17.00 a 20.30. O propio día do espectáculo a billeteira abrirá unha hora antes do comezo do espectáculo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal