Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A EMPRESA COSMA CORTARÁ O DÍA 13 O SUBMINISTRO DE AUGA NA AVENIDA MALDE VIZOSO, FERRERÍAS E PENA PARDA
O edil de Servizos, Ibán Santalla, indicou que o corte se levará a cabo dende as 8.00 ata as 19.00 horas para evitar cortes no subministro en varias xornadas
Narón, 8 de outubro de 2021. A empresa Cosma cortará o subministro de auga o vindeiro mércores, día 13, na avenida Malde Vizoso, Ferrerías e Pena Parda. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, explicou que a empresa realizará as conexión da rede de abastecemento renovada nesta zona e avanzou que o corte levarase a cabo dende as 8.00 ata as 19.00 horas. “O feito de que se conectará un tramo moi longo de rede levou á empresa a realizar un corte durante tanto tempo para evitar maiores molestias realizando cortes de subministro en varias xornadas”, apuntou o edil. Dende a compañía informarase debidamente na zona afectada sobre esta medida e solicítanse ás persoas afectadas desculpas polas posibles molestias ocasionadas durante a xornada. Santalla recordou que a actuación que se levou a cabo consistiu na renovación da rede e instalación dun grupo de presión para dar servizo ás vivendas desas zonas e apuntou que o investimento realizado pola empresa Cosma foi duns 96.000 euros.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal