Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLEIRO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA, DAVID PITA, PRESENTA O PROXECTO DE DESENVOLVEMENTO DA ECONOMÍA DE PROXIMIDADE
Nos vindeiros días iniciarase o proceso de identificación das liñas concretas de actuación coa participación de asociacións, empresas e cidadanía
Narón, 14 de Outubro de 2021.- O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, anunciou esta mañá no Concello o inicio da I Fase do “Proxecto de desenvolvemento da economía de proximidade” que ten como obxectivo fundamental desenvolver a economía local de Narón. Pita manifestou que neste proxecto identificaranse e poñeranse en marcha accións concretas que contribúan a xerar máis riqueza no concello de Narón, o que implicará: xerar postos de traballo para persoas que residan en Narón, incidindo nos mozos, mulleres e parados de longa duración; contribuir a elevar a facturación das empresas de Narón; lograr que as persoas e as súas familias queiran residir en Narón; atraer novos investimentos e desenvolver as empresas do noso concello. O edil de Promoción Económica incidiu en que “o proxecto que comeza hoxe non se pode desenvolver sen a participación de todos e todas. A cidadanía, asociacións, empresas e en xeral o Concello de Narón participarán activamente na elaboración e desenvolvemento deste proxecto”. Debemos lograr que a cidadanía crea e aposte polos produtos e servizos de Narón. Necesitamos que as nosas empresas dean a oportunidade a proveedores locais e que contribúan a desenvolver novos potenciais proveedores. Temos que axudar ás nosas empresas para identificar e desenvolver máis oportunidades de negocio. Debemos crear as condicións para atraer investimento que xere novas oportunidades de desenvolvemento da economía local. As liñas básicas desta I Fase serán: 1.-Análise da Economía Local en Narón • Variables económicas significativas • Revisión situación do uso do chan • Principais recursos e capacidades competitivas detectadas. • Sesións de participación local 2.-Estudo de Consumo que axude a detectar as Cadeas de Valor esenciais. • Estatísticas de consumo provincial 3.-Identificar as cadeas de valor con mais interese potencial. Análise de viabilidade • Déficit de produción local • Consumo local estratéxico e casos de éxito • Recursos e factores de competitividade • Sesións de participación local 4.- Identificación dos proxectos transversais necesarios 5.- Identificación dos proxectos para desenvolvemento 6.- Elaboración do cadro de mando de seguimento da Economía Local Nos próximos días comezarase o proceso de identificación das liñas concretas de actuación. Neste proceso convidarase a participar a asociacións, empresas, cidadanía… Queremos que sexa un obxectivo estratéxico do noso concello desenvolver a economía local a través da economía de proximidade, asegurou Pita.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal