Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN ESTA MAÑÁ DUNHA NOVA BARREDORA ELÉCTRICA INCLUÍDA NO PARQUE MÓBIL MUNICIPAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, reiterou o compromiso do Concello co coidado do medio ambiente e o benestar dos veciños e veciñas de Narón
Narón, 15 de outubro de 2021. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, acompañada polo concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, e o director de desarrollo de Urbaser, Moisés Neira, asistiu esta mañá á presentación da nova barredora eléctrica pertencente ao novo contrato de Residuos Sólidos Urbáns e Limpeza Viaria do Concello de Narón. A presentación tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Gándara. Nos pregos de contratación do servizo valorouse a proposición de vehículos coas emisións de dióxido de carbono máis reducidas posibles e a inclusión dunha barredora con baixo nivel de ruido, tendo en conta a realización do barrido nocturno. A alcaldesa da cidade recordou que froito das mencionadas circunstancias se presenta na mañá de hoxe esta barredora que conta cunha autonomía de 10 horas sen recarga, con alimentación e operación 100% eléctrica, que non produce emisións de dióxido de carbono e cun nivel de emisión de ruido do orde dos 86 decibeles, nun claro compromiso do Concello de Narón co coidado do medio ambiente e do benestar da veciñanza.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal