Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A AUTORIDADE PORTUARIA E O CONCELLO ACORDAN AMPLIAR O PANTALÁN DE A GÁNDARA
As novas instalacións darán servizo tamén ó Clube de Remo de Narón
Narón, 1 de Decembro de 2009.- A Alcaldesa accidental de Narón, Angeles Díaz Pardo, reuniuse hoxe co presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao (APFSC), Angel del Real, para falar de diversas actuacións pendentes de realizar no termo municipal de Narón. Na xuntanza, celebrada en Ferrol, tamén estivo presente o director da Autoridade Portuaria de Ferrol, Emilio García. Entre os acordos sinalados na reunión de hoxe, destaca o compromiso da Autoridade Portuaria de retirar un cobertizo situado en O Salto, que antiguamente fora empregado coma embarcadeiro da parroquia de O Couto. Actualmente atópase en desuso polo que se suprimirá de maneira inmediata para evitar posibles danos que puidese causar o seu ruinoso estado de conservación. Angel del Real tamén comprometeuse con Angeles Díaz á retirada do pantalán de Xuvia, instalado pola Autoridade Portuaria en octubre de 1997, e cuio embarque sitúase no paseo de Xuvia, frente á empresa siderúrxica Megasa. A instalación atópase en avanzado estado de deterioro, polo que se procederá nos vindeiros días á súa supresión e se construirá unha nova pasarela ubicada nesa zona. Finalmente, nesta reunión se falou sobre o pantalán de A Gándara, instalado pola Autoridade Portuaria no ano 1995 para dar servizo á flota marisqueira da Cofradía de Ferrol que faena no banco de As Pías. Ante o deterioro sufrido por esta pasarela nos últimos anos, a APFSC realizou unha renovación integral desta instalación na primaveira deste ano 2009, alargando a súa superficie e reforzando a estructura. Durante as obras de acondicionamento do acceso ó pantalán, instalouse unha tubería para permitir o fluxo das augas coa marea alta. Angeles Díaz explicoulle ó presidente da APFSC que este pantalán tamén é empregado polo Clube de Remo de Narón, polo que acordouse a colocación no vindeiro mes de xaneiro do 2010 dunha plataforma horizontal ó final do pantalán (en forma de T), co fin de compatibilizar o seu uso por parte dos mariscadores e do Clube de Remo. Asimesmo, Angel del Real comprometeuse a que fose a Autoridade Portuaria a que mantivese limpo o tubo de comunicación das augas. A Alcaldesa accidental valorou positivamente os compromisos acadados coa Autoridade Portuaria, quen deixa así solventados os problemas que existían na zona marítima de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal