Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA UN CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS PARA BEBÉS E NENOS
Está dirixido a pais e nais, que poden inscribirse na EIM de A Gándara
Narón, 4 de Decembro de 2009.- A Concellería de Infancia de Narón, dirixida por Miguel Hermida, organizará na Escola Infantil Municipal (EIM) de A Gándara un curso de primeiros auxilios para bebés e nenos/as, de 10 horas de duración, en colaboración coa Cruz Roja. Terá lugar os días 9, 10, 11, 16 e 17 de Decembro –en clases de duas horas- e poderán asistir os proxenitores de nenos escolarizados neste centro, pero tamén está aberto á participación do resto de pais e nais con fillos en idade infantil. No curso haberá 20 prazas dispoñibles, e as inscripcións poden realizarse na propia Escola Infantil de A Gándara, ou ben nos Servizos Sociais do Concello (situados no 1º andar). “Trátase dunha experiencia pionera na atencións ós máis pequenos e tamén ás súas familias, xa que con esta formación estamos a ofrecerlles uns coñecementos que poden chegar a salvar vidas”, declarou o edil de Infancia, Miguel Hermida. O obxectivo principal do curso é proporcional os coñecementos máis elementais para aprender a prevenir accidentes, aplicar procedementos e técnicas axeitadas en autoprotección e soporte ós primeiros auxilios, e identificar e resolver situacións de urxencia vital. O programa do curso de Primeiros auxilios para bebés e nenos é o seguinte: 1. Características especiais na atención a nenos. 2. Cadena de supervivencia. 3. Pautas de actuación ante unha situación de emerxencia. 4. Paro cardiorrespiratorio en pediatría. 5. Valoración: triángulo de valoración pediátrica. 6. Soporte vital básico. Algoritmo universal, adecuación para bebé e nenos. Secuencia de actuación. Posición lateral de seguridade. 7. Exploración secundaria. 8. Primeiros auxilios ante: Obstrucción por vía aérea por corpo extraño Hemorraxias e shock Feridas Quemaduras Traumatismos Patoloxías pediátricas máis frecuentes

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es