Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS CONSELLOS TERRITORIAIS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ CONTINÚAN ESTA SEMANA EN XUVIA, PEDROSO E PIÑEIROS
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, recordou que para asistir é preciso inscribirse previamente a través de correo electrónico ou por teléfono
Narón, 8 de novembro de 2021. Os Consellos Territoriais de Participación Cidadá continuarán desenvolvéndose esta semana na cidade. A edil responsable da área, Catalina García, recordou que mañá martes terá lugar ás 19.00 horas no local social de Xuvia o previsto na citada parroquia e que as seguintes citas desta semana serán o mércores en Pedroso, ás 18.00 horas no local social de “A Pombiña” e o xoves ás 19.00 horas no local social de Piñeiros. García destacou a importancia de que as veciñas e veciños acudan a estas convocatorias, proxectadas como un espazo de encontro no que xunto con representantes da corporación local poderán intercambiar ideas sobre as necesidades de cada barrio e parroquia da cidade. A pasada semana celebrouse o previsto na Gándara e as sesións continuarán ata o 2 de decembro, segundo o cronograma establecido. A edil de Participación Cidadá preside os Consellos Territoriais, nos que se avanzan as liñas dos orzamentos municipais do vindeiro ano, que se están ultimando, e tamén se ofrece información sobre cuestións que xa se abordaron nos Consellos celebrados a comezos deste ano. As seguintes citas programadas este mes serán o 15 no local social do Val -17.30-; o 16 no local social “Virxe de Fátima”, en Freixeiro -18.00-; o 17 no local social do Couto -18.00-; o 18 no local social de Doso -20.00-; o 24 no local social “O Paraxe”, en Castro -19.30-; o 29 no local social de San Xiao -18.00- e o 30 no local social “Virxe do Mar”, en Santa Icía -19.00-. En decembro terán lugar os dous últimos, o primeiro deles o día 1 no local social do Alto do Castiñeiro -18.00 horas- e o seguinte o 2 no local social de Sedes -19.30-. Queda pendente de fixar a data do de San Mateo, que tivo que suspenderse a última hora. As persoas que desexen asistir a estas convocatorias deben confirmalo previamente enviando un correo electrónico á dirección: escolaparticipacion@naron.es ou a través do número de teléfono 603 865 413.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal