Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLE ESTE SÁBADO A REPRESENTACIÓN DA COMEDIA "O MOZO DA ÚLTIMA FILA"
A comedia poderá verse ás 20.00 horas, estando aínda dispoñibles algunhas entradas ata completar o aforo
Narón, 9 de novembro de 2021. A compañía Redrum Teatro estará o vindeiro sábado, día 13, no Pazo da Cultura de Narón para representar, ás 20.00 horas, a obra “O mozo da última fila”. Trátase dunha comedia de case dúas horas de duración na que o protagonista é Claudio, un mozo de dezasete anos que senta na última fila e tan só destaca en Matemáticas. Todo cambia cando o seu mestre, Xermán, lle manda escribir unha redacción sobre a fin de semana, e será aí cando o rapaz se transforme en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector e que se convertirá nun xogo. O elenco desta peza fórmano Guillemo Carbajo, Roberto Leal, Belén Constenla, Mónica García, Rubén Porto e Machi Salgado. As entradas aínda dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es. O prezo é de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es