Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN DO PROXECTO ÁRTABRO INCLUSIVO CONTINÚAN CON DÚAS LIMPEZAS DE PRAIAS EN SAN FELIPE E CARANZA
A organización fai un chamamento especial á participación dos centros educativos, como xeito de colaborar na concienciación sobre o coidado do medio ambiente
Narón, 10 de novembro de 2021. O proxecto Ártabro Inclusivo, que desenvolven os Concellos de Fene, Ferrol e Narón ao abeiro do GALP Golfo Ártabro Norte, continúa coas súas actividades de dinamización. Entre elas inclúense dúas limpezas de praias para as que aínda queda algunha praza libre. Serán o sábado 13 ás 16.30 na praia de San Felipe e o sábado 20 ás 10.30 na de Caranza. Desde a organización faise un chamamento especial á colaboración dos centros educativos, xa que é importante a concienciación co coidado do medio ambiente desde a primeira infancia. A ANPA do CEIP de Esteiro xa confirmou a súa asistencia, coa participación de dous grupos de nenos e nenas, un en cada limpeza. Os e as voluntarios/as que asistan a esta limpeza de areais recibirán un detalle como recordo. As inscricións para tomar parte nestas iniciativas pódense facer a través do correo electrónico info@pingota.com. Esta semana, ademais, desenvolveuse a actividade “Día do mar sen plástico”, na que participaron pescadores e mariscadores das Confrarías de Ferrol e Barallobre, que trouxeron a terra todo o lixo que atoparon no mar, algo que -por outra parte- adoitan facer cada vez que saen. Agora disporán duns colectores especiais do proxecto Ártabro Inclusivo nos dous pósitos para deixar neles todo o plástico e a madeira. Estes materiais serán recuperados posteriormente para darlles unha segunda vida a través dos obradoiros ocupacionais de Aspaneps e Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, convertíndoos en novos obxectos. Ademais destas dúas entidades sociais e das confrarías, Ártabro Inclusivo conta coa colaboración da Universidade da Coruña a través do Laboratorio de Plásticos e Escola Universitaria de Deseño Industrial, do CIFP Ferrolterra e da Fundación Exponav.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es