Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA ANDAINA SOLIDARIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO POR NARÓN E NEDA
A cita será este sábado día 13 e as persoas interesadas en participar deberán anotarse previamente por correo electrónico ou por teléfono
Narón, 10 de novembro de 2021. A Asociación Seitura 22, da que forma parte o Concello de Narón, anunciou a convocatoria dunha andaina solidaria contra a violencia de xénero. A cita será o vindeiro sábado, día 13, e o tramo que percorrerán os camiñantes será duns catro quilómetros, entre o mosteiro de San Martiño de Xuvia (O Couto) e Neda. A saída está programada para as 11.15 horas e as persoas interesadas en asistir deben inscribirse previamente a través do correo electrónico: info@seitura22.gal ou chamando ao número de teléfono 981 333 398. Unha vez en Neda, coa chegada fixada na zona de Subarreiros sobre as 13.00 horas, procederase a ler un manifesto, entregaranse agasallos, poderanse degustar uns pinchos e tamén haberá animación musical. Está prevista a asistencia á convocatoria do conselleiro de Medio Rural, José González, tal e como se indicou dende a organización. A actividade é unha proposta da Consellería de Medio Rural e a Secretaría de Igualdade para os Grupos de Desenvolvemento Rexional de Galicia (GDR), entre os que está Seitura 22, e consiste nunha andaina nos Camiños de Santiago contra a violencia de xénero. Deste xeito, as caminatas sucederanse polos municipios donde discorren rutas xacobeas.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es