Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROXECTO DE DESENVOLVEMENTO DA ECONOMÍA DE PROXIMIDADE INICIOUSE ESTA MAÑÁ NO CONCELLO
O edil de Promoción Económica, David Pita, animou ás entidades veciñais e empresariais a implicarse neste programa impulsado dende o Concello de Narón
Narón, 11 de novembro de 2021. O Concello acolleu esta mañá o inicio do proxecto de Desenvolvemento da Economía de Proximidade. O edil de Promoción Económica, David Pita, saludou aos participantes na convocatoria, representantes de asociacións empresariais e veciñais de Narón e comarca. O obxectivo da iniciativa, tal e como indicou o edil, é “desenvolver a economía local de Narón, polo que se identificarán e porán en marcha accións concretas para contribuír a xerar máis riqueza neste concello”. A xeración de postos de traballo dirixidos a veciñas e veciños de Narón, elevar a facturación das empresas da cidade, lograr que a xente siga apostando por vivir en Narón e atraer novos investimentos son algunhas das metas que se perseguen a través deste proxecto, tal e como se explicou na convocatoria. O concelleiro naronés destacou que “neste proceso é moi importante a implicación tanto da cidadanía en xeral como das entidades veciñais e empresariais, ao tratarse dos piares fundamentais para que se poidan levar a cabo con éxito os obxectivos finais deste proxecto”. No proceso será tamén imprescindible que a xente aposte polos produtos e servizos que se ofrecen na cidade, por respaldar e dar oportunidades a proveedores locais e atraer investimento, para construír en conxunto un “proxecto de cidade”. As fases que complementarán nos vindeiros días ao inicio deste programa serán o proceso de identificación das liñas concretas de actuación, apostando en definitiva pola economía de proximidade. O desenvolvemento dese modelo de economía, tal e como se indicou hoxe, consta de dúas fases, unha primeira de elaboración do Plan de Desenvolvemento de Economía de Proximidade e outra posterior na que se desenvolverán proxectos concretos.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es