Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS CONSELLOS TERRITORIAIS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ CONTINÚAN NO VAL, FREIXEIRO, O COUTO E DOSO
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, presidirá as xuntanzas, ás que tamén acudirán outros representantes da corporación local
Narón, 15 de novembro de 2021. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, presidirá esta semana catro novos Consellos Territoriais, os convocados esta tarde no Val -17.30 horas no local social-; mañá en Freixeiro -18.00 horas no local social Virxe de Fátima-; o mércores no Couto -18.00 horas no local social- e o xoves en Doso -20.00 horas no local social-. A edil naronesa realizou un chamamento ás veciñas e veciños destes barrios e parroquias da cidade para que acudan ás convocatorias, nas que tamén estarán presentes outros representantes da corporación local. No transcurso destas convocatorias a cidadanía ten a oportunidade de recibir información sobre asuntos que xa se analizaron durante as últimas sesións dos Consellos de Participación, celebrados a comezos deste mesmo ano. Así mesmo, tamén se abordan diferentes temas como os orzamentos municipais do vindeiro ano, que se están ultimando, entre outros temas de interese. As seguintes citas programadas este mes serán o 24 no local social “O Paraxe”, en Castro -19.30-; o 29 no local social de San Xiao -18.00- e o 30 no local social “Virxe do Mar”, en Santa Icía -19.00-. Os Consellos Territoriais de decembro programáronse o día 1 no local social do Alto do Castiñeiro -18.00 horas- e o 2 no local social de Sedes -19.30-. García informou da nova data do de San Mateo, que finalmente se convocou para o vindeiro luns, día 22, ás 18.00 horas no local social da parroquia. As persoas que desexen asistir a estas convocatorias deben confirmalo previamente enviando un correo electrónico á dirección: escolaparticipacion@naron.es ou a través do número de teléfono 603 865 413.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal