Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIA A CAMPAÑA "A TÚA VELLA BICI VALE UN SORRISO"
O edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, indicou que a campaña, coa que se aposta por dar unha segunda vida a bicis e patinetes en bo estado, permanecerá activa ata o 21 de decembro
Narón, 19 de novembro de 2021. O Concello organiza un ano máis a campaña “A túa vella bici vale un sorriso”, dirixida á cidadanía en xeral e co obxectivo de recoller bicicletas –tamén estáticas- e patinetes para doalas. A iniciativa parte da Concellería de Seguridade Cidadá, que dirixe o edil Román Romero, e o equipo de Educación Viaria encargarase de recoller as bicis e patinetes e proceder á súa correcta desinfección antes de entregalos e a supervisalos para que se entreguen en condicións óptimas de uso. Romero explicou que as bicicletas entregaranse no Concello e tamén se deixarán algunhas nos centros de ensino para que poidan prestalas e, no caso das estáticas, reservaranse exclusivamente para os colexios para poder seguir realizando actividades similares á marcha ciclista virtual, pedaleando nas propias aulas. “Unha vez que saibamos con cantas bicis e patinetes temos iremos repartíndoas e repetiremos iniciativas como a do ano pasado, na que enviamos algunas bicis e patinetes ao Sahara a través dunha ONG, Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, para entregar ás nenas e nenos que viven nos campamentos de refuxiados de Tinduf”, apuntou. Tanto as bicicletas como os patinetes se poden entregar nos centros de ensino da cidade ou no Concello –no departamento de Educación Viaria, na planta de acceso- ata o 21 de decembro en horario de mañá. O concelleiro de Seguridade Cidadá animou ás persoas que poidan colaborar a participar nesta campaña “para dar unha segunda vida a esas bicis ou patinetes que xa non se usamos pero que están en bo estado e que poderán utilizar outras persoas”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal