Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS CONSELLOS TERRITORIAIS DE PARTICIPACIÓN CELEBRARANSE ESTA SEMANA EN SAN MATEO E CASTRO
As xuntanzas coa veciñanza continuarán este mes e rematarán en decembro na zona urbana e rural da cidade, tal e como recordou a edil de Participación Cidadá, Catalina García
Narón, 22 de novembro de 2021. A Escola de San Mateo acollerá esta tarde, ás 18.00 horas, un novo Consello Territorial de Participación Cidadá con veciñas e veciños da cidade. A convocatoria, que presidirá a edil de Participación Cidadá, Catalina García, súmase ás que se veñen realizando nas últimas semanas nos barrios e parroquias da cidade e que rematarán no mes de decembro. Os Consellos Territoriais continuarán este mércores, día 24, no local social do Paraxe, en Castro e os programados para finais deste mes son o 29 no local social de San Xiao -18.00- e o 30 no local social “Virxe do Mar”, en Santa Icía -19.00-. As dúas últimas sesións deste ano, no mes de decembro, terán lugar o día 1 no local social do Alto do Castiñeiro -18.00 horas- e o 2 no local social de Sedes -19.30-. As persoas que desexen asistir a estas convocatorias deben confirmalo previamente enviando un correo electrónico á dirección: escolaparticipacion@naron.es ou a través do número de teléfono 603 865 413. García recordou que nestes encontros coa veciñanza se informa sobre cuestións que se abordaron nos anteriores Consellos Territoriais e tamén doutras de máis actualidade, de actuacións ou algúns proxectos en marcha nos barrios e parroquias da cidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal