Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA COLONIA INFANTIL "NATURCIENCIA NADAL 2021"
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, indicou que se trata dunha iniciativa dirixida a menores nados entre 2009 e 2018
Narón, 2 de decembro de 2021. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, anunciou a apertura do prazo de inscrición na colonia infantil “Naturciencia Nadal 2021”, que se celebrará os días 22, 23, 24, 27, 28 e 29 deste mes nas instalacións do colexio da Gándara. A proposta, según indicou, diríxese a nenas e nenos nados entre 2009 e 2018, empadroadas/os ou escolarizadas/os en Narón. Os grupos de participantes dividiranse en dous, un de menores de 6 anos e outro de 6 a 12, que realizarán as mesmas actividades pero adaptadas á súa idade. Obradoiros de robótica, creatividade, tecnoloxía e medio ambiente forman parte dos contidos que se tratarán nesta actividade. “Queremos ofrecer un recurso educativo ás familias para conciliar a vida laboral e familiar durante a tempada de vacacións do Nadal, abordando cos participantes diferentes contidos que lles permitan incrementar os seus coñecementos sobre a flora e fauna da zona e tamén abordando temas como matemáticas, ciencia, tecnoloxía, promover hábitos de vida saudables…”, asegurou Taibo. En total ofertaranse trinta prazas, de balde, e haberá servizo de madrugadores de 8.00 a 9.00 horas, comezando as actividades lúdicas e educativas desta colonia ás 9.00 para rematar ás 14.00. Para facilitar a conciliación, ademais de servizo de madrugadores haberá outro de acompañamento ata a recollida de 14.00 a 15.00 horas, segundo apuntou a edil naronesa. As solicitudes poden presentarse ata o vindeiro 13 de decembro ás 13.30 horas no Rexistro do Concello, a través da Sede Electrónica de Narón ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, utilizando o formulario dispoñible na Sede Electrónica do Concello, donde se pode consultar toda a información desta proposta. Para máis información pódese chamar ao teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1111).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal