O vehículo permanecera estacionado parte da mañá xunto á AVV "Rosa dos Ventos", en Sedes, e tamén xunto ao Xulgado de Paz, en Xuvia
Narón, 2 de decembro de 2021. Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará o sábado, día 4 na cidade, concretamente en Sedes e Xuvia. O vehículo localizarase xunto á Asociación de Veciños “Rosa dos Ventos”, en Sedes, en horario de mañá, de 10.00 a 12.00 e a continuación, de 12.30 a 15.00 horas permanecerá na estrada de Castela, nas inmediacións do Xulgado de Paz.
As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento.