Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA E VOCEIROS DOS GRUPOS MUNICIPAIS RECIBIRON NO CONCELLO ÁS FAMILIAS AFECTADAS POLO DESAFIUZAMENTO DE QUINCE VIVENDAS EN PIÑEIROS
Marián Ferreiro trasladou aos afectados o total apoio do Concello e asegurou que se continuarán realizando as xestións precisas para tratar de solucionar o problema
Narón, 2 de decembro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e portavoces dos grupos municipais da corporación local reuníronse esta mañá no Concello cunha representación do colectivo de persoas afectadas pola ameaza de desafiuzamento de quince vivendas localizadas nunha urbanización da Praza do Asilo, no barrio de Piñeiros. Os inmobles nos que residen as quince familias afectadas están en réxime de alugueiro e pagaban as correspondentes cuotas a unha inmobiliaria local sen saber que os inmobles estaban embargados e pertencen á Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestructuración Bancaria, máis coñecida como Sareb. As persoas afectadas trasladaron o problema que supón que non forman parte do procedemento no xulgado, ao ser un proceso entre a empresa Narón 2020 e o Sareb. Dende que comunicaran hai uns días ao Concello a situación, dende administración local estívose en permanente contacto co Xulgado para poder asesorar ás familias, informándoos a alcaldesa hoxe da importancia de que continúen realizando os pagos dos alugueiros, para non empeorar o proceso, pero advertindo que os fagan a un número de conta que lle facilitou o xulgado ao Consistorio. Ao consignar o diñeiro no xulgado, despois xa se encargan eles de realizar o pago ao Sareb, actual propietario dos inmobles. Ferreiro explicou trala reunión que dende o Concello solicitarán tamén unha reunión con responsables do Sareb “para saber cal é a súa intención respecto ao conxunto de afectados e, ao mesmo tempo, tratar de mediar para acadar unha solución favorable para as familias, que podería ser que o Sareb manteña os contratos de arrendamento”. A alcaldesa trasladou o total apoio do Concello ás veciñas e veciños afectados ante esta complicada situación e ofreceu a colaboración da administración local para tratar de obter unha solución, incidindo no feito de que “os inquilinos desas vivendas están con contratos legais, pagando o arrendamento fixado”. Así mesmo, tal e como lles trasladou Ferreiro aos afectados, dende o Consistorio tamén se lles ofrecerá asesoramento xurídico neste procedemento para solventar posibles dúbidas ata acadar unha solución.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal