Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA COLABORA COA AVV "A POMBIÑA" DE PEDROSO NO "IV MEMORIAL ANDRÉS CASTRO"
As representacións serán catro días, sempre ás 19.00 horas e con entrada de balde, tal e como indicou o edil de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo
Narón, 3 de decembro de 2021. O Padroado da Cultura colabora coa Asociación de Veciños “A Pombiña” de Pedroso, na cuarta edición do Memorial Andrés Castro de teatro. O edil de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, indicou que se trata dunha convocatoria organizada anualmente –o ano pasado non se levou a cabo pola situación sanitaria- en recordo dun veciño de Pedroso moi vencellado ao grupo de teatro da citada parroquia. As representacións serán durante catro días deste mes, sempre ás 19.00 horas no local social de Pedroso e con entrada de balde. O ciclo comeza mañá coa representación de “Don Pero el Emparedado”, do grupo de teatro Donas de Ferrol e continuará este domingo, día 5, coa obra “Amén”, do Grupo Teruca Bouza de O Seixo. As seguintes representacións programadas serán o luns 6, a cargo do grupo Xosé María Pérez Parallé, de Fene, coa obra “Conversas” e pechará o programa o grupo de teatro A Pombila de Pedroso, coa peza “Confinados”. Dende o Concello animaron á cidadanía a acudir a estas representacións teatrais para ver o gran traballo que realizan as persoas que forman parte destes grupos teatrais.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal