Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A XUNTA AUTORIZA A PLANTAR PATACAS EN NARÓN COMUNICANDO AS PARCELAS CULTIVADAS ANTES DO 1 DE ABRIL
O termo municipal naronés está incluído nas zonas tampón na última resolución publicada pola administración autonómica, tal e como indicou o edil de Medio Ambiente, Santiago Galego
Narón, 13 de decembro de 2021. A veciñanza de Narón que desexe plantar patacas poderá facelo de novo este ano previa comunicación á Consellería do Medio Rural. O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado venres a resolución da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias pola que se prorrogan as medidas fitosanitarias establecidas na Resolución do 8 de marzo de 2017 pola que se establecen as zonas infestadas e as tampón e se implementan medidas de control e erradicación con respecto ao couza guatemalteca da pataca en Galicia. O edil de Medio Ambiente, Santiago Galego, indicou que tal e como se recolle no DOG a totalidade da superficie do concello de Narón –xunto cos de Cedeira, Cerdido, Mañón, Moeche, San Sadurniño e Valdoviño- é considerada zona tampón. Por este motivo, os agricultores deben comunicar inmediatamente despois da sementeira, en todo caso antes do 1 de abril, todas as parcelas cultivadas con pataca segundo o modelo establecido (pode consultarse no DOG número 138, do 21 de xullo). A comunicación pode presentarse na oficina agraria comarcal máis próxima ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común ou a través da Sede Electrónica da Xunta.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal