Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA TRES OBRADOIROS DE DINAMIZACIÓN SOCIOCULTURAL DIRIXIDOS A PERSOAS MAIORES
A concelleira de Benestar Social, Catalina García, informou que as convocatorias terán lugar en Pedroso, en Santa Icía e no Alto
Narón, 17 de decembro de 2021. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, anunciou a convocatoria de tres obradoiros de dinamización sociocultural dirixidos ás persoas maiores da cidade, baixo o programa “Concerto de Nadal”. O grupo musical Los Zares encargarase da animación musical destas convocatorias, de balde, e que rematarán cada día cun chocolate con churros que se servirá aos participantes. As sesións programadas terán lugar o 21 de decembro ás 18.30 horas na Asociación de Maiores de Pedroso; o 22 ás 17.00 horas no Club de Xubilados e Pensionistas de Santa Icía e o 23 deste mes ás 17.00 horas no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. As persoas maiores interesadas en participar como público poden anotarse nos citados centros, tal e como indicou García. A edil naronesa animou ás veciñas e veciños maiores da cidade a asistir a estas convocatorias, “nas que poderán desfrutar dun amplo repertorio de cancións da década dos 70 e 80 e compartir un tempo de lecer e diversión, respectando en todo momento as medidas sanitarias”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal