Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INAUGUROU HOXE A OFICINA DO CORREO REAL NA CIDADE DOS AGASALLOS DO PAZO DA CULTURA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Turismo, Natalia Hermida, visitaron esta mañá a Cidade dos Agasallos
Narón, 22 de decembro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Turismo, Natalia Hermida, desprazáronse esta mañá á Cidade dos Agasallos instalada no Pazo da Cultura, donde ás 11.00 horas comezou a funcionar a Oficina do Correo Real. As nenas e nenos poderán deixar as súas cartas aos Reis Magos de luns a venres entre as 11.00 e as 14.00 e de 16.30 a 21.00 e os sábados e domingos dende as 11.00 ata as 14.00 horas, sen ser preciso realizar reserva previa. Ferreiro destacou que “un ano máis impulsamos esta iniciativa no Pazo da Cultura para que as nenas e nenos poidan desfrutar destas datas do Nadal, deixando as súas cartas aos Reis Magos e, en determinadas xornadas, disfrutar de diversos espectáculos e tamén o 5 de xaneiro conversar cos Reis Magos, que xa teñen preparado os seus tronos”. Na Cidade dos Agasallos desenvolveranse dende mañá xoves ata o 4 de xaneiro microespazos para todos os públicos. A primeira cita será con “Aguinaldos na Maxia do Nadal” -12.00 horas- de A Maga Fani, e “Varietés do animalario” -18.00 horas-, de Paporrubio. Esta mesma semana, o domingo 26 poderase ver “O tranvía de Nadal” -12.00 horas”, de Charo Pita Trío, e “O Castiñeiro do Apalpador” ás 18.00 horas. A vindeira semana, o mércores 29 terá lugar “Arrieira” -18.00” de Xarope Tulú, e o xoves 30 “O Crebanoces” -18.00 horas- de Larraitz Urruzola. As dúas últimas propostas serán en xaneiro, o día 2 con “Os ratiños do Nadal” -12.00- de Bea Campos, e “Estación Nadal” -18.00- de Mamá Cabra e o día 4 con “O que levamos nas maletas” -18.00 horas- de Magín Blanco e Pablo Vidal. Todos estes espectáculos son de balde e desenvolveranse na zona da Cidade dos Agasallos. Tamén o Pazo é o lugar elixido para o gran recibimento aos Reis Magos. Será o 5 de xaneiro cando as nenas e nenos poderán conversar con Melchor, Gaspar e Baltasar en horario de mañá e tarde, de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas. Neste caso será preciso reservar entradas –sen custe- a partir do luns 27 de decembro no teléfono da billeteira do Pazo da Cultura: 981 102 897. “Queremos que as nenas e nenos desfruten coas súas familias e amizades, ofrecendo unha serie de propostas típicas do Nadal para manter a ilusión propia destas datas”, asegurou Ferreiro, que animou ás veciñas e veciños a achegarse estes días ao Pazo da Cultura.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal