Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ADQUIRIU UNHA BOMBA NODRIZA LIXEIRA PARA O SERVIZO DO SPEIS CON CAPACIDADE PARA TRANSPORTAR 7.000 LITROS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, desprazouse esta mañá ás instalacións do Speis de Narón trala chegada do novo vehículo
Narón, 27 de decembro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, desprazouse esta mañá ás instalacións do Speis con motivo da chegada do novo vehículo para o citado servizo: unha bomba nodriza lixeira. A adquisición por parte do Concello permitirá reforzar o Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) de Narón, sendo o único destas características operativo na comarca. Ferreiro destacou que “o Concello investiu 168.000 euros neste novo vehículo, mantendo así o noso compromiso na área de seguridade e complementando as unidades operativas do Speis de Narón”. A rexedora local explicou que a bomba nodriza lixeira, de 450 cabalos de potencia e doce velocidades, destaca polo seu volume de axente extintor (auga), con capacidade para transportar 7.000 litros. “Con este novo vehículo pódese lanzar auga cuns caudais de extinción que están moi por riba dos volumes habituais nos vehículos convencionais, de ata 7.000 litros por minuto”, asegurou Ferreiro, destacando as prestacións do mesmo. O vehículo conta con liñas de mangueiras que permiten acometer instalacións de extinción de máis de 600 metros en diferentes seccións, equipos de xeración de escuma nas súas diferentes expansións e tamén cun grupo hidráulico importado de Reino Unido que aporta controis automáticos de presión, cebados, sistemas de impulsión e a cota elevada, entre outras prestacións. Así mesmo, dispón de equipos de protección respiratoria, de protección contra instalacións terrestres, monitores de auga-escuma, e unha serie de material técnico que lle confiren un importante grao de autonomía. A nova bomba nodriza lixeira do Speis ten clasificación Euro 6, o que supón un compromiso medioambiental cumprindo os mellores estándares europeos e tamén cos últimos sistemas de seguridade. As características da bomba nodriza lixeira permitirán, tal e como subliñou Ferreiro, reforzar aqueles casos de intervencións nas que os abastecementos se teñan que realizar de xeito inmediato, como por exemplo en incendios industriais, forestais ou en edificios de máis de sete plantas, donde ter unha capacidade de extinción rápida decide de forma determinante a evolución do incendio.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal