Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
EXITOSA ACOLLIDA DOS TRES OBRADOIROS DE DINAMIZACIÓN SOCIOCULTURAL ORGANIZADOS POLO CONCELLO PARA AS PERSOAS MAIORES
A concelleira de Benestar Social, Catalina García, desprazouse ás tres convocatorias celebradas na zona urbana e rural
Narón, 29 de decembro de 2021. O Concello organizou a través da Concellería de Benestar Social tres obradoiros de dinamización sociocultural para persoas maiores que se levaron a cabo este mes na Asociación de Maiores de Pedroso, no Club de Xubilados e Pensionistas de Santa Icía e no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. A concelleira responsable da área de Benestar Social, Catalina García, acudiu a estas convocatorias, do programa “Concerto de Nadal”, que tal e como indicou “tiveron unha excelente acollida entre os maiores da nosa cidade”. García recordou que as sesións musicais, de algo máis dunha hora de duración, correron a cargo do grupo musical Los Zares, que interpretaron boa parte do seu repertorio ante un público que rememorou e cantou con eles algúns dos seus éxitos, como “Con un sorbito de champán”, “María Isabel” e outros temas das décadas dos 70 e 80. O público animou as convocatorias dende as cadeiras colocadas en cada un dos locais nos que se celebrou esta iniciativa, cumprindo todas as medidas sanitarias. “Quixemos organizar unha proposta específica para as persoas maiores, un colectivo que padeceu e padece especialmente os efectos da covid-19 e que tamén merece desfrutar dun tempo de lecer despois deste ano e medio complicado para todas e todos”, recalcou García.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es