Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
RESTICIÓNS TEMPORAIS DE TRÁFICO NUN TRAMO DA ESTRADA DE CASTELA O VINDEIRO VENRES
A medida, apuntou o edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, será efectiva durante aproximadamente unha hora e media, pola tarde, no tramo comprendido entre a rotonda de Freixeiro e o estanco de Piñeiros
Narón, 29 de decembro de 2021. A estrada de Castela permanecerá este venres, día 31 cortada ao tráfico rodado no tramo comprendido entre a rotonda de Freixeiro e o estanco de Piñeiros dende as 16.00 ata as 17.30 aproximadamente. Así o anunciou o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, que apuntou que a medida débese á celebración de “Atrintaeundoce”, a San Silvestre de Narón. Os vehículos poderán utilizar vías alternativas, que estarán debidamente sinalizadas e dende o Concello xa se informou aos servizos de transporte público, co fin de ocasionar as menores molestias.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es