Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLERÁ MAÑÁ A CONFERENCIA SOBRE "NENOS/AS CON ALTAS CAPACIDADES, O RETO DE EDUCALOS" ORGANIZADA POLO CONCELLO E ÁUREGA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, acudirá á convocatoria xunto co presidente de Áurega, Marcos Castro
Narón, 21 de xaneiro de 2022. A alcaldesa, Marián Ferreiro, asistirá mañá no Auditorio municipal, ás 17.00 horas, á conferencia “Nenos/as con altas capacidades, o reto de educalos”. O Concello e Áurega (Asociación de Familias de nenos/as con altas capacidades, talentos e inquedanzas intelectuais) organizan esta convocatoria, que se desenvolverá ata as 19.00 horas e para cuxa asistencia é preciso inscribirse previamente a través do mail: secretaria@auregaasociacion.gal. Ferreiro estará acompañada no acto polo presidente de Áurega, Marcos Castro, e os poñentes, Olga Carmona e Alejandro Busto. Olga Carmona e Alejandro Busto, ambos licenciados en Psicoloxía, serán as persoas encargadas de informar aos asistentes sobre a temática desta charla, abordando diferentes cuestións e aportando a súa dilatada experiencia profesional, moi ligada ao ámbito da formación. Carmona e Busto son coautores do libro “El genio que llevas dentro” e de “Hijos con altas capacidades, el reto de educarlos”, un manual práctico para nais, pais e fillos con altas capacidades.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es