Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE DESPRAZARASE DOUS DÍAS DESTA SEMANA Á CIDADE
O vehículo permanecerá operativo xunto ao novo centro de saúde do Alto o mércores e o xoves en horario de mañá e de tarde
Narón, 24 de xaneiro de 2022. Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase este mércores e o xoves á cidade, concretamente ás inmediacións do novo centro de saúde do Alto do Castiñeiro. A unidade móbil permanecerá operativa entre as 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas en ambas xornadas. As persoas que acudan a doar deben almorzar e no caso de xantar, terán que agardar dúas horas para realizar a extracción. É preciso presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es