Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NORMAS DE PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE COMPARSAS DO ENTROIDO
Se celebrará o 13 de febreiro na Praza de Galicia, e a inscripción estará aberta ata o dia 5 dese mes.
Narón, 15 de Xaneiro de 2010.- O Padroado da Cultura do Concello de Narón manterá aberto entre o 18 de xaneiro e o 5 de febreiro, o prazo de inscripción para participar no Concurso de Comparsas do Entroido 2010. O horario para formalizar as inscripcións será de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas, no Pazo da Cultura. Os interesados deberán presentar 6 copias das letras a interpretar e os datos persoais do representante da comparsa. Poderán inscribirse un máximo de 7 comparsas de Narón (enténdese que comparsas de Narón aquelas en que, como mínimo, o 75% dos seus compoñentes residan en Narón) e 3 de fora deste Concello, e a selección das participantes se realizará por riguroso orde de inscripción, tal e como figura nas Normas de Participación no Concurso de Comparsas. No caso de non cubrirse o cupo de comparsas de Narón, poderá completarse con comparsas de fora, e viceversa. Ademáis, o Padroado resérvase a posiblidade de convidar algunha outra comparsa, tanto de Narón coma de fora, comprometéndose a participar unicamente nos actos do Dia do Entroido en Narón, o sábado 13 de febreiro. As comparsas participantes farán o percorrido dende a Praza da Constitución ata a Praza de Galicia, a pé, o sábado día 13 de febreiro sendo a saída conxunta ás 17:30 horas. As letras a interpretar polas comparsas falarán, obrigatoriamente, de temas locais do Concello de Narón, sendo o idioma a empregar o galego. Cada comparsa estará formada por un mínimo de 15 membros que deberán ser, na súa maioría, persoas de máis de 14 anos. Cada comparsa disporá dun tempo máximo de 10 minutos para actuar e ademáis, deberán realizar unha actuación na súa parroquia e outra en calquera outra parroquia do Concello, con percorrido se é posible. O Padroado da Cultura asignará unha axuda económica a tódalas comparsas participantes, establecida en 900€ para as comparsas de Narón e 450€ para as comparsas de fora e as comparsas convidadas. Tamén establécense os seguintes premios: 1º, 2º e 3º premio, que consistirán nunha figura conmemorativa do Entroido. Á hora de otorgar os premios, o xurado designado polo Padroado de Cultura terá en conta os seguintes aspectos: a orixinalidade dos disfraces, o inxenio da crítica feita na actuación, a calidade musical, e o que cada actuación supoña de recuperación do Entroido en Galicia. Programa de actos para celebrar o Entroido de Narón 2010 Sábado 13 de Febreiro, na Praza de Galicia 17:00 horas.- Concentración de Comparsas na Praza da Constitución (A Solaina). 17:30. horas.- Inicio do pasarrúas coas Comparsas na Praza de Galicia. 18:30 horas.- Inicio do Concurso de Comparsas na Praza de Galicia. 21:00 horas.- Actuación musical e concurso de disfraces individuais e grupos. Concurso de disfraces: haberá dous categorías: infantil e adulto -Infantil: individual (o gañador recibirá un vale por valor de 100€ a facer efectivo na Librería-Xoguetería Galicia), parellas (os gañadores recibirán un vale conxunto por valor de 150€, a canxear no mesmo establecemento) e grupo como máximo de 5 persoas (os gañadores recibirán un vale conxunto por valor de 250€, a canxear no mesmo establecemento). -Adultos: individual (o gañador recibirá unha cesta de productos de Entroido), parellas (os gañadores recibirán sendas cestas de productos de Entroido), e grupo como máximo de 5 persoas (o mesmo premio que o anterior).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal