Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRETO DE MEDIO CENTO DE RAPAZAS E RAPACES DA CIDADE ACODEN AOS OBRADOIROS E AULAS DE ENSAIO DA ESCOLA DE MÚSICA MODERNA DE NARÓN
O concelleiro de Mocidade, Pablo Mauriz, desprazouse onte á Casa da Mocidade para reunirse con alumnado dos obradoiros e usuarios e usuarias da Aula de Ensaio
Narón, 27 de xaneiro de 2022. O concelleiro de Mocidade, Pablo Mauriz, desprazouse na tarde de onte á Casa da Mocidade, na Gándara, para reunirse cun grupo de rapazas e rapaces que acoden aos obradoiros de guitarra, batería e piano que alí se imparten ou que utilizan as Aulas de Ensaio. O edil entregoulles unhas camisetas deseñadas dende o Concello, cun logotipo vencellado coa Escola de Música Moderna e conversou co alumnado, sobre os obradoiros e as Aulas de Ensaio. Un total de 42 persoas participan nos obradoiros que se imparten na Escola de Música Moderna de Narón e fan uso das Aulas de Ensaio das citadas instalacións municipais. “Todas as rapazas e rapaces da Escola de Música Moderna de Narón terán a súa propia camiseta porque a idea é que ao longo deste ano poidan actuar nalgún evento municipal ou organizar algunha actuación propia en espazos públicos e que leven posta esa camiseta”, explicou Mauriz. Na Escola de Música Moderna de Narón (ubicada na Casa da Mocidade) impártense obradoiros de guitarra, batería e piano entre os meses de outubro e maio, e as Aulas de ensaio para grupos musicais están abertas dende outubro ata xullo. O edil de Mocidade, indicou que aínda quedan dúas vacantes nas clases de batería, así como un Aula de Ensaio, para grupos musicais. O prazo de matrícula permanece aberto durante todo o curso (ata esgotar as prazas). Mauriz recordou que se trata de propostas dirixidas a mocidade de 12 a 30 anos empadroada no Concello de Narón.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es