Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTADA NO CONCELLO A ACTIVIDADE FORMATIVA "APRENDENDO A COMPARTIR A VÍA PÚBLICA" DIRIXIDA A ALUMNADO DE PRIMARIA DE NARÓN
Participarán uns 260 alumnos e alumnas de terceiro curso de Educación Primaria de nove centros de ensino do Concello
Narón, 03 de febreiro de 2022. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e Pablo Pérez, presidente da Asociación Galega de Autoescuelas da provincia da Coruña (pertencente á Fundación CNAE), presentaron esta mañá no Concello a actividade formativa “Aprendendo a compartir a vía pública” no ámbito da Educación e a Seguridade Viaria. Na presentación estiveron acompañados polos membros do Equipo de Educación Vial do Concello, Pedro Caneiro e Sonia López. Esta actividade formativa lévase a cabo no marco do convenio que o Concello de Narón asina anualmente coa Fundación Confederación Nacional de Autoescolas de España (CNAE) en materia de Seguridade e Educación Viaria. Unha formadora viaria da CNAE, Iria Álvarez, impartirá clases en nove centros de ensino de Narón, Ponte de Xuvia, Ayala, CRA de Narón, Virxe do Mar, A Solaina, A Gándara, Piñeiros, Santiago Apóstol e Jorge Juan. Participarán uns 260 alumnos e alumnas de terceiro curso de educación Primaria dos citados centros. As clases impartiranse nos meses de febreiro e marzo e iniciaranse o vindeiro luns no colexio Ponte de Xuvia, ás 9.10 horas, e serán de aproximadamente unha hora de duración. Dous son os obxectivos principais desta actividade: educar ao alumnado ao que se dirixen as clases no correcto uso das vías como peatóns, ciclistas e usuarios/as de patinetes e, así mesmo, achegar o traballo das autoescolas aos colexios. A rexedora local, Marián Ferreiro, agradeceu o labor desenvolvido desde a CNAE e reiterou a disposición do Concello para seguir axuntando esforzos para levar a cabo estas accións formativas, de concienciación e sensibilización no ámbito da seguridade e a educación viaria para concienciar á sociedade de que entre todos e todas podemos reducir o número de accidentes na vía pública. Pablo Pérez, agradeceu ao Concello a oportunidade de colaborar neste proxecto baseado na necesidade da introducción e desenvolvemento da Educación Vial desde a base, porque é imprescindible a concienciación da cidadanía neses valores desde idades temperás, para formar persoas adultas concienciadas para o futuro na seguridade viaria e a convivencia na vía pública. Neste eido cabe destacar a participación de formadores viales para impartir as clases sobre dita materia no Concello de Narón e colaborar con proxectos desenvolvidos sobre Educación Viaria e Mobilidade Vial no noso municipio. Nesa líña seguen a traballar tamén a nivel da Unión Europea para acadar no futuro que non se produzan mortes nin accidentes graves nas estradas, polo que reiteran ao Concello a súa colaboración neste importante ámbito da Seguridade Vial.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal