Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE "CONTABILIDADE E RECURSOS HUMÁNS"
A concelleira de Formación e Novas, Tecnoloxías, Natalia Hermida, indicou que o curso se desenvolverá entre os meses de marzo e maio na Aula Cemit de Xuvia
Narón, 11 de febreiro de 2022. A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, informou sobre a apertura do prazo de inscrición nun curso de Contabilidade e Recursos Humáns que terá lugar na Aula Cemit de Xuvia. A convocatoria realízase a través da plataforma Cemit da Xunta de Galicia, polo que as persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/38078. Esta acción formativa consta dun total de 180 horas, de carácter presencial, e que se impartirá entre o 7 de marzo e o 10 de maio en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas. O alumnado abordará temas vencellados ao uso de ferramentas de facturación, polo que está enfocado a empresarias/os e emprendedoras/es, podendo anotarse calquera persoa interesada no mesmo. Ofértanse un total de nove prazas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición, recibindo as persoas admitidas nos mesmos unha chamada telefónica na que lles confirmará esa admisión.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal