Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A OBRA ´MALVIVIR´ COA INTERPRETACIÓN DE AITANA SÁNCHEZ GIJÓN
Unha visión traxicómica do século XVII, unha reflexión sobre a liberdade e a supervivencia e un rescate da literatura picaresca feminina do Barroco
Narón, 15 de febreiro de 2022. O Padroado da Cultura de Narón remata o programa para os dous primeiros meses do ano no Pazo da Cultura coa representación, o sábado 19 de febreiro ás 20.00 horas, da obra “Malvivir”, da compañía Ay Teatro, cun elenco formado por Aitana Sánchez Gijón, Marta Poveda e Bruno Tambascio. A peza conta en primeira persoa a vida secreta dunha muller, Elena de Paz, libre, rebelde, ladroa, mentireira e fuxitiva que desafía todas as convencións da súa época. Malvivir é a viaxe á cara escura do Século de Ouro; un percorrido polas distintas capas sociais, escenarios e personaxes dunha época turbulenta e fascinante. Malvivir é tamén a historia do amor desgarrado e salvaxe entre Elena e Montúfar; dous pícaros miserables nunha España de esplendor e fame negra, de ilusión e engano, de fe e bruxería, de ilusión e morte. Ay Teatro presenta unha visión tragicómica do século XVII, unha reflexión sobre a liberdade e a supervivencia e un rescate da literatura picaresca feminina do Barroco. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado de Cultura: www.padroadodecultura.es

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal