Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL ORGANIZA UNHA XORNADA ABERTA DO CLUB DE LECTURA FEMINISTA CO FALADOIRO "SÓ SÍ É SÍ"
O faladoiro está aberto á participación da cidadanía en xeral ata compretar o aforo e coa reserva de once prazas para as persoas pertencentes ao Club de Lectura feminista
Narón, 15 de febreiro de 2022. A Biblioteca pública municipal organiza unha xornada aberta o xoves 17 de febreiro ás 18.00 horas que acollerá un faladoiro titulado ´Só sí é sí”. A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, animou á participación cidadá nesta xornada e recordou que este faladoiro está articulado a partir da Lei Orgánica de garantía integral da liberdade sexual (coñecida como “Lei só sí é sí”) xa que as persoas participantes no Club de lectura feminista están lendo na actualidade o libro ´El consentimiento´ da escritora Vanessa Springora. A poñente, Rocío Saavedra Fernández, é Técnica de formación da Cruz Vermella e politóloga feminista. A sesión está aberta ao público en xeral, reservándose once prazas para as participantes do Club de Lectura e cubrindo o resto de prazas por orde de chegada ata compretar o aforo da sala que é de 30 persoas en total

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal