Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA, MARIÁN FERREIRO, E A CONCELLEIRA DE IGUALDADE, MAR GÓMEZ, PRESENTARON ESTA MAÑÁ O PUNTO VIOLETA NO CONCELLO DE NARÓN
Porque é importante a resposta e a colaboración cidadá. #Ante a violencia machista non mires para outro lado
Narón, 17 de febreiro de 2022. O Punto Violeta é un instrumento de loita contra a violencia machista que vai máis aló da violencia de xénero dentro do ámbito da parella ou exparella. A rexedora local recordou que un dos obxectivos fundamentais deste Punto Violeta é acadar a implicación da sociedade xeral na loita contra a violencia machista en todas as súas manifestacións, como a violencia física, sexual, económica, psicolóxica, dixital e vicaria. Ferreiro incidiu no feito de que non se trata dun asunto privado senón unha cuestión que nos atinxe a todas e a todos, tanto sociedade como institucións. Trátase dun problema de primeira orde, dunha vulneración de dereitos humanos e é, ademáis, un delito que se persegue de oficio polos operadores policiais e xurídicos aínda sen existir denuncia da persoa agraviada. Así mesmo, a concelleira de Igualdade remarcou que co labor desenvolvido desde o Punto Violeta, o Concello promove o acercamento dos servizos integrais ás persoas vítimas a través do seu entorno e facilita información sobre cómo actuar ante os casos de violencia machista. Facilitase diverso material informativo para estabrecementos, entidades e organismos públicos a través de carteis e dípticos que inclúen un código QR vinculado á Guía Punto Violeta para actuar fronte á Violencia machista e que sinalan ese lugar como un espazo seguro para as vítimas donde poden recibir información e acompañamento se o precisan. A información facilitada inclúe específicamente os servizos aos que se pode acudir como son o teléfono 016, que funciona as 24 horas durante os 365 días do ano con persoas expertas en violencias machistas que dan asesoramento sobre os dereitos e os recursos dispoñibles próximos; o número de WhatsApp 600000016; 016-online@igualdad.gob.es; 112 Emerxencias; 091 Policía Nacional; 062 Garda Civil; App Alertcops que permite enviar un sinal de alerta á Policía coa túa xeolocalización. O Punto Violeta do Concello de Narón localizarase neste mes de febreiro na xornada de hoxe de 10.00 a 14.00 horas na entrada principal da Casa do Concello e o día 26 en horario de 18.00 a 22.00 horas na Praza da Solaina. Para máis información no Concello de Narón pódese consultar telefónicamente co 981337700 ext. 1108/1109

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal