Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A COMPARSA "A REVOLTA" OBTIVO O PRIMEIRO PREMIO NO FESTIVAL CELEBRADO ONTE NA SOLAINA CON MOTIVO DO ENTROIDO
Os encargados de entregar os premios do certame foron a alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo
Narón, 27 de febreiro de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, entregou onte á tarde á comparsa “A Revolta”, de Ferrol, o primeiro premio do Festival de comparsas celebrado na pista polideportiva da Solaina. Dúas agrupacións naronesas, “Os Parrandolos” e “Os Argalleiros”, obtiveron o segundo e terceiro premio, respectivamente, entregados por Ferreiro e o concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo. O edil naronés formou parte do xurado da convocatoria, integrado tamén por un representante nomeado por cada comparsa participante. Numerosas persoas achegáronse ás 17.00 horas á Praza da Gándara, donde se concentraron as agrupacións antes de saír cara á Solaina, amenizando as rúas da cidade ao seu paso. No percorrido participaron as seis comparsas que se inscribiron no festival: Os Parrandolos, Os Argalleiros e Semente de Trasancos, A Revolta de Trasancos, Os Colludos e As Xoaniñas do Chao. Ao seu paso polas rúas Vigo, Concepción Arenal, Wenceslao Fernández Flórez, Trincheira, a Ponte das Cabras, un tramo da estrada de Castela, o cruce da Ferrolana, a estrada de Santa Icía e a rúa da Solaina animaron á veciñanza, que tamén os esperaba baixo unha ateigada carpa que se instalou para a ocasión na pista polideportiva da Solaina. Alí comezou sobre as 18.15 horas o Festival de comparsas, con orixinais disfraces e satíricas letras nas que os políticos locais, o centro de saúde, infraestruturas locais e outros temas centraron as cancións. A orixinalidade dos disfraces, o enxeño da crítica feita na actuación, a calidade musical e o que cada actuación supoña de recuperación do Entroido en Galicia foron os aspectos que valorou o xurado tras cada unha das actuacións. Como agasallo, as tres comparsas con maior puntuación –“A Revolta”, “Os Parrandolos” e “Os Argalleiros” recibiron unha figura en recordo do Día do Entroido. Baixo a carpa instalouse tamén o Punto Violeta de Narón, donde as persoas que se achegaron rebibiron información e material divulgativo contra a violencia de xénero. Trátase dun espazo itinerante que estará presente nos eventos máis concurridos da cidade, co fin de que a información chegue ao maior número de persoas posible.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal