Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES PARA A CONVOCATORIA DUNHA PRAZA DE CONSERXE
O edil de Persoal, Pablo Mauriz, explicou que as bases ao completo se poden consultar no Boletín Oficial da Provincia do pasado 17 de decembro
Narón, 4 de marzo de 2022. O concello convoca unha praza de conserxe mediante sistema de oposición, en quenda libre, para a que xa se poden presentar as solicitudes por Rexistro ou a través da Sede Electrónica de Narón. O prazo manterase aberto durante vinte días, contados dende o pasado 2 de marzo –a resolución publicouse no Boletín Oficial do Estado do 1 de marzo-. O edil de Persoal, Pablo Mauriz, indicou que a titulación esixida para poder presentarse é a de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente e no Boletín Oficial da Provincia do pasado 17 de decembro poden consultarse as bases específicas para a provisión desta praza. O proceso selectivo inclúe catro exercicios: un cuestionario de 20 preguntas curtas; o desenvolvemento dun tema do programa; o desenvolvemento dun ou varios supostos prácticos e a tradución dun ou varios textos en galego.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal