Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO HOMENAXEARÁ MAÑÁ Á MULLER DO ANO CON MOTIVO DOS ACTOS DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidirá os actos institucionais que se levarán a cabo no Consistorio, nos que estará acompañada por outros integrantes da corporación local
Narón, 7 de marzo de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidirá mañá os actos oficiais programados polo Concello para conmemorar o Día Internacional da Muller. Ás 12.00 horas terá lugar no Consistorio o nomeamento da Muller do Ano de Narón, na que se distinguirá a unha muller cuxo nome se dará a coñecer no propio acto. Representantes da corporación local, entre eles a edil de Igualdade, Mar Gómez, acudirán á convocatoria e tamén se desprazarán a continuación –sobre as 12.30 horas- á Praza da Gándara para ver a exposición “Mulleres de Narón”, que se poderá ver ao longo deste mes noutros puntos da cidade. Os actos de mañá tamén contemplan unha proposta na Praza da Igualdade, a escasos metros da da Gándara, donde a comitiva municipal verá o resultado do mural “Narón x Igual”, que realizaron escolares de sexto de Primaria do CPR Santiago Apóstol. Xa pola tarde-noite iluminaranse de cor malva a Casa da Cultura, o Pazo da Cultura, a glorieta de Freixeiro e o edificio do Xulgado de Paz. A maiores, o Concello programou propostas noutras instalacións municipais. Na Biblioteca municipal pódese ver ata o día 16 deste mes a mostra “A muller no século XXI”, que contén varios libros e materiais que abordan a situación da muller neste século. Así mesmo, o sábado terá lugar o contacontos infantil “Contos vellos, novos finais” –a cargo de Caxoto Contacontos- ás 11.00 horas, que versiona o argumento e os finais de contos clásicos e tradicionais para adaptalos ao xeito actual de pensar e vivir e do 17 ao 24 deste mes poderase ver na planta baixa da sección de adultos/as a exposición de películas de temática feminista “Sesión M: Cine con M de Muller”. Dende hoxe e ata o vindeiro venres, día 11 na Ludoteca municipal da Solaina haberá obradoiros, contacontos, xogos educativos e unha sesión de ludo-cinema dirixidos a menores de 3 a 12 anos, que traballarán a temática da igualdade, o respecto e a liberdade. Esa mesma temática centrará os xogos de mesa pola igualdade, “Iguais” e “O misterio dos xogos invisibles” cos que traballarán na Axencia de Lectura Municipal da Gándara, con menores a partir de 4 anos –este mércores de 17.30 a 18.30- e a partir de 7 anos –e o xoves 10 tamén de 17.30 a 18.30 horas-. No Pazo da Cultura, este venres poderase ver o monólogo “Música para fiambrería-Un policial verde” -20.30 horas-, de Lucía Trentiny (Uruguay) e tamén se programaron, enmarcados na área de Igualdade, os monólogos “La ciudad de las damas”, o día 19 -20.00 horas-; o 25, “Guerra de identidade” -20.30- e o 26 deste mes -20.00- “Bravas”. As actividades do 8M chegan un ano máis aos centros de ensino, concretamente nesta ocasión a alumnado de cuarto de Primaria de oito colexios da cidade, que participa nos obradoiros “8M Avanzando en igualdade”. A finalidade desta convocatorias é a de dar a coñecer a historia e os fitos en torno a esa data, educar na igualdade e visibilizar o papel das mulleres ao longo da historia.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal