Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E AFA FERROL ORGANIZAN CONCURSOS DE RELATOS E FOTOGRAFÍA PARA CONMEMORAR EN ABRIL O DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO
A concelleira de Benestar Social, Catalina García, animou á cidadanía a participar nas diferentes propostas organizadas
Narón, 9 de marzo de 2022. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, anunciou hoxe a apertura do prazo para presentar traballos a dúas propostas organizadas polo Concello con motivo da conmemoración do 8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano. Os actos programáronse en colaboración con Acción Familiar Ferrol (AFA), “co fin de darlle visibilidade á historia deste pobo e erradicar os prexuízos que existen aínda hoxe en día”, tal e como indicou a edil naronesa. O alumnado do quinto e sexto de Primaria dos centros de ensino da cidade poderá participar na cuarta edición do Concurso de relatos curtos “Cóntanos o teu conto do pobo xitano”. O Consistorio organiza esta convocatoria en colaboración con Acción Familiar Ferrol e a xoguetería local Din&Don. Este ano o tema a abordar neses contos será o da “Interculturalidade e comunidade xitana”, podendo presentar o alumnado ao que se dirixe os seus traballos ata o 25 de marzo. Eses traballos recolleráos persoal de AFA Ferrol o día 28 de marzo e optarán a tres premios para os mellor valorados por un xurado. Así mesmo, tamén haberá unha proposta fotográfica aberta á participación da cidadanía en xeral, segundo apuntou García. A iniciativa anima a sacar un retrato cunha frase (por exemplo: Espazo libre de racismo, Opré Romá!, Roma Lives Matter –en referencia ao tratamento dos medios de comunicación-…). As imaxes pódense enviar ao correo: minoriasetnicas@afaferrol.org, asinando unha autorización e dereitos de imaxe e protección de datos –que se pode descargar da web www.naron.es ou solicitala ao citado correo de AFA Ferrol- para elaborar un vídeo que se publicará a semana do 8 de abril nas redes sociais do Concello co cancelo #Narónencaló. Na web do Consistorio pódese descargar material con actividades coas que traballará tamén alumnado de terceiro a sexto de Primaria e coas persoas usuarias para achegar as contribucións do pobo xitano, a historia e a cultura. García animou á cidadanía a participar nestas propostas, que complementarán os actos que se levarán a cabo no Concello, e que se anunciarán proximamente, para conmemorar o Día Internacional do Pobo Xitano.
Descarga de archivos
Autorización imaxes
Tamaño:281,26 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal