Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO SOBRE COMUNICACIÓN E MÁRKETING EN LIÑA
O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, anunciou que esta acción formativa se levará a cabo o vindeiro 24 de marzo
Narón, 10 de marzo de 2022. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, anunciou a apertura do prazo de inscrición, hoxe, nun curso de Comunicación e márketing en liña que se desenvolverá o vindeiro 24 de marzo no Centro Cívico Social do Alto do Castiñeiro. A actividade, segundo recordou o edil, enmárcase no programa “Mergullando no litoral de Narón”, que se se desenvolve co apoio do Fondo Europeo Marítimo de Pesca (FEMP) e a Consellería do Mar da Xunta, a través do Grupo de Acción Local del Sector Pesquero Golfo Ártabro Norte e conta coa colaboración de Fedepesca. Pita apuntou que se trata dunha acción “dirixida a diferentes colectivos pola temática que se abordará, xa que tanto a comunicación como o márketing en liña son dúas áreas a ter moi en conta actualmente en calquera sector laboral”. As temáticas que se abordarán son: Tendencias en comunicación e márketing, Big data e definición de público obxectivo, Creación de marca, Comunicación en liña e redes sociais, Campañas SEM en redes sociais, Deseño e execución de estratexias de márketing e Fotografía do produto. As persoas que desexen asistir poden anotarse dende hoxe a través do Rexistro, da Sede Electrónica de Narón ou do correo electrónico: me.mendez@naron.es (indicando nome e apelidos, DNI, dirección e teléfono de contacto). O prazo de inscrición rematará o vindeiro 20 de marzo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal